Traballo Social
Desde - Hasta: 01/01/2015 - Actualmente
Coa colaboración de:
O servizo de traballo social da asociación ofrece información, orientación, asesoramento e apoio emocional, de maneira personalizada, facilitando alternativas nos diferentes ámbitos que poidan verse afectados pola enfermidade de Parkinson (social, familiar, vivenda, prestacións, lecer, etc).
O servizo trata de paliar posibles dificultades e mellorar a calidade de vida das persoas enfermas de Parkinson e os seus familiares, previndo o illamento e a exclusión social.
OBXECTIVOS XERAIS
- Mellorar a calidade de vida de persoas enfermas de Parkinson e os seus familiares ofrecendo asesoramento, orientación, e información social (prestacións sociais, axudas, recursos, etc).
- Facilitar o acceso a servizos, programas e recursos comunitarios de tipo social e sanitario, fomentando a autonomía e a integración social.
- Detectar necesidades e/ou dificultades de persoas enfermas de Parkinson e os seus familiares, ofrecendo alternativas e estratexias específicas en cada caso, para paliar as devanditas situacións.
- Xerar redes de apoio entre iguais, facilitando a integración, axuda mutua, participación activa, previndo o illamento e exclusión social.
- Fomentar a integración no marco asociativo, ofrecendo un espazo para a participación cívica e social na estrutura da organización, tanto a usuarios/as como a familiares.
- Promover actividades de lecer e tempo libre que fomenten as relacións, a participación social e axuden ao esparexemento dos enfermos e familiares.
ACTIVIDADES
- Información da entidade e os seus servizos
- Entrevistas de primeira acollida
- Entrevistas individuais de atención social
- Entrevistas familiares de atención social
- Acompañamentos
- Seguimento personalizado, en entrevista ou telefonicamente
- Visita a domicilios
- Elaboración de informes sociais
ATENDE
Miriam Maneiro