É importante que te manteñas activo/a, fai exercicio físico de forma regular e combínao con períodos de repouso e relaxación, xa que o cansazo pode empeorar os síntomas
Date un pouco máis de tempo para realizar as tarefas da vida diaria, como vestirte ou afeitarte. Se non as fas tan rápido ou de forma tan precisa como antes, perdas a paciencia xa que esta será unha ferramenta que xogará ao teu favor
Se é necesario, elije pezas que se poñan con facilidade, como faldras ou pantalóns con cintura elástica, cremalleiras en lugar de botóns ou zapatos con velcro en lugar de cordóns
Utiliza ducha en lugar de bañeira e instala asas nela e tamén ao lado do W.C. que che axuden a moverte de forma segura. Evita o chan mollado e coloca adhesivos antideslizantes na ducha
Podes utilizar utensilios eléctricos para tarefas que requiran de movementos repetitivos, como bater un ovo ou cepillar os dentes.
Mantén a túa casa libre de obstáculos innecesarios que che impidan camiñar con liberdade, incluídas as alfombras, xa que poden aumentar o risco de caída
Se se te fai difícil sentarte ou erguerte dunha cadeira ou sofá, evita as cadeiras de brazos que se afunden co peso e as cadeiras sen apoios laterais para as mans. Tamén é importante usar un colchón firme e procura que a cama non quede nin moi alta nin moi baixa, deste xeito serache máis doado deitarche e levantarte
O feito de ter sido diagnosticado de Parkinson non quere dicir que deixes de preocuparte do teu propio benestar. Toma parte activa no tratamento e non deixes de querer gozar da vida
Recorda!
O éxito do tratamento da enfermidade dependerá en boa medida da boa comunicación que exista entre o teu médico e ti, xa que dependendo dos síntomas que presentes, as doses poderán ser modificadas ou os medicamentos cambiados, sempre en busca da maior efectividade
O tratamento iníciase xeralmente con doses baixas, e de forma gradual vaise aumentando ata que se consiga unha melloría dos síntomas
O teu médico receitarache un tratamento específico para ti. Non todos os pacientes con enfermidade de Parkinson recibirán este
É frecuente que se necesite unha combinación de varios medicamentos para garantir a melloría dos síntomas