Tratamento cirúrxico
ESTIMULACIÓN CEREBRAL PROFUNDA
É a técnica quirúrxica máis utilizada en doentes de Parkinson. Consiste en implantar un dispositivo médico, similar a un marcapasos cardíaco, para administrar estimulación eléctrica en áreas moi concretas do cerebro que se axustan para aumentar ao máximo os beneficios da terapia.
Este tratamiento NON CURA a enfermidade de Parkinson, pero intenta mellorar os síntomas dopaminérxicos, coma o temblor e a rixidez e intenta reducir as discinesias e as dosis de medicación antiparkinsoniana. Non mellora as alteracións da fala, nin os bloqueos moi frecuentes, nin o estreñemento, nin tampouco o deterioro cognitivo ou a alteración dos reflexos posturais.
Esta técnica depende en gran medida da selección dos candidatos máis adecuados, en función dos seguientes criterios de inclusión:
Doentes xoves (menores de 70 años)
Claro diagnóstico de enfermidade de Parkinson idiopática
Sen problemas cardíacos nin antecedentes vasculares
Sin RMN, TAC, etc., patolóxico que suxiran procesos expansivos (tumores) ou circulatorios (isquemias)
Boa respuesta á levodopa (actual e histórica)
Síntomas incapacitantes a pesar dunha farmacoterapia óptima
Fluctuaciones motoras e/ou discinesias incapacitantes
Cognición normal (ausencia de demencia)
Expectativas realistas e bo soporte familiar
Acceso á programación dos estimuladores
É importante ter en conta que esta intervención quirúrxica entraña unha serie de riscos, coma convulsións, infeccións e hemorraxias. Aproximadamente dun 4% dos doentes intervidos teñen complicacións graves e ademais a ciruxía pode empeorar o ánimo e o deterioro cognitivo debido á retirada da medicación.