Estiramentos e Relaxación

Estiramentos e Relaxación

Desde - Hasta: 01/01/2011 - Actualmente

Coa colaboración de:

Como consecuencia da rixidez e das alteracións posturais, característicos da enfermidade de Parkinson, son bastante frecuentes as dores musculares, articulares e as cambras, así como a lentitude de movementos e dificultades importantes para moverse, camiñar e realizar as actividades propias da vida diaria.

Un programa de estiramentos adaptado ás necesidades individuais pode aliviar esta sintomatoloxía e contribuír á independencia funcional do enfermo e a mellorar substancialmente a calidade de vida, tanto dos afectados coma dos familiares.

Son frecuentes os problemas de ansiedade e nerviosismo tanto en enfermos/ás coma nos familiares/coidadores/ás habituais. Para mellorar estes síntomas, son de grande axuda as técnicas de relaxación, xa que actúan de forma positiva sobre o estrés e o malestar psicolóxico provocado pola enfermidade.

 

OBXECTIVOS

  • Reducir a tensión muscular e relaxar o corpo.
  • Aliviar a dor.
  • Mellorar o tremor.
  • Diminuír o ritmo respiratorio e reducir a presión arterial.
  • Mellorar a flexibilidade e a amplitude de movementos.
  • Mellorar a coordinación de movementos e o coñecemento do propio corpo.
  • Estimular a circulación sanguínea.
  • Diminuír a ansiedade, a tensión emocional e impulsar a autoconfianza para manexar a problemática da enfermidade.

PRECIOS: 

ESTIRAMIENTOS E RELAXACIÓN 1sesión/semana

11€/MES

 

 

IMPARTEN

  

Sandra García          Inma Casás   

   

     Con la colaboración de: