Psicoloxía
Desde - Hasta: 01/01/2017 - Actualmente
Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes do cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interés social” xestionados pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
O psicólogo é o profesional cualificado e formado para avaliar, entender e tratar estes síntomas con empatía, respecto, profesionalidade e comprensión.
Cada paciente (sexa enfermo/a de Parkinson, familiar ou coidador/a) será tratado de forma personalizada e íntima cumprindo os obxectivos de mellora propostos:
OBXECTIVO XERAL
Mellorar a calidade de vida do paciente e a súa familia, así como conseguir un maior benestar psicolóxico
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Mellorar o estado de ánimo.
- Entender a enfermidade e o que supón (psicoeducación).
- Axudar a aceptar a enfermidade e a "nova situación" que trae consigo.
- Avaliar posibles perdas cognitivas asociadas á enfermidade (memoria, atención, linguaxe,...) e exercitarse mentalmente.
- Aprender estratexias compensatorias ante as limitacións que aparecen coa enfermidade.
- Adestrar habilidades emocionais, sociais e comunicativas.
- Aprender condutas eficaces e saudables.
- Aprender técnicas de relaxación, aceptación, meditación,... destinadas a lograr a tranquilidade cun/a mesmo/a.
Ofrecemos sesións de tratamento individual, en parella ou grupales segundo as necesidades de cada doente e de cada familiar.
Este servizo conta coa colaboración de Fundación "La Caixa"
PRECIOS:
PSICOLOGÍA INDIVIDUAL (60 MIN) |
20€/SESIÓN |
PSICOLOGÍA GRUPAL 1 sesión /semana |
11€/MES |
ATENDE
Paula García