Preguntas máis frecuentes

¿Por que se chama enfermidade de Parkinson? Porque o médico británico James Parkinson foi o primeiro en describir a enfermidade en 1817, levando así o apelido do seu descubridor.

¿Como se desarrolla la enfermedad de Parkinson? Como consecuencia da dexeneración dos ganglios basales, unhas áreas neuronais específicas situadas na base do cerebro e encargadas da coordinación de diferentes grupos musculares. A dopamina, que é unha sustancia que se atopa nesta zona atópase nunha cantidade moi deficiente nos doentes de Parkinson.

¿Coñécese a causa desta enfermidade? Salvo os casos de parkinsonismo inducido por traumatismos, drogodependencias ou abuso de medicamentos, non se coñece. Tamén se especula coa orixe ambiental da enfermidade e as últimas investigacións falan dun orixe multicausal, é dicir, que pode ser causa dunha predisposición xenética, de factores ambientais, de radicies libres no cerebro, etc.

¿Como se manifiesta? Os seus síntomas son moitos e de diferente índole. Os movimientos voluntarios son lentos, existe unha clara rixidez muscular, hai importantes alteracións na marcha, con tendencia a arrastrar os pes e bracear menos e aparecen fortes episodios de pérdida do equilibrio. O temblor é característico e pódese acentuar en repouso. Surxen importantes cadros depresivos asociados e outros síntomas coma o cansancio, a fatiga, o abatimento, estreñemento, exceso de sudoración e producción de saliva, etc.

¿Que son los estadios ON/OFF? Son as fluctuacións do estado do doente durante o día. O doente está nun periodo ON cando hai un control dos síntomas parkinsonianos e hai actividade motora normal. As fases OFF asócianse coa reaparición de síntomas cunha función motora alterada.

¿Que son as discinesias ou disquinesias? Son movemientos involuntarios en forma de sacudidas que soen aparecer na maior parte dos doentes tratados de forma crónica con levodopa, de tal forma que estes pasan dunha situación de acinesia, antes de tomar o fármaco, a un estado de actividade incontrolada, unha vez administrado o medicamento, o que lles impide levar a cabo unha vida normal.

¿Por que se celebra o Día Mundial da enfermidade de Parkinson? Debido ao crecente impacto sociosanitario que propiciou que tódalas asociacións como a nosa, promovan novas iniciativas que sirven para concienciar a toda a sociedade sobre a gravidade de este problema. Coa celebración do Día Mundial da enfermidade de Parkinson, que ten lugar dende el 11 de abril de 1997, preténdese concienciar e sensibilizar á población sobre a trascendencia e as graves consecuencias deste trastorno neurodexenerativo.

      Imprimir