Mentiras e verdades

MENTIRAS

É unha enfermidade contaxiosa e hereditaria. É evidente que NON se trata dunha enfermidade contaxiosa e tampouco hai documentación de casos xeneralizados de transmisión da enfermidade dunha xeración a outra; tan só un 10-15% dos doentes teñen algún familiar coa enfermidade, incluíndo parientes cercanos e lonxanos.

É unha enfermidade propia das persoas maiores. Documentáronse casos de enfermidade de Parkinson en xoves con menos de 20 anos. Aparece con máis frecuencia no rango de idade que vai dos 40 aos 70 anos.

enfermidade de Parkinson produce demencia e envellecemento prematuro, e deteriora a intelixencia dos doentes. O enfermo ten máis dificultades para facer determinados movementos e para expresarse, o que leva ao frecuente erro de asociar esta lentitude de resposta aos procesos demenciais.

Fumar protexe da enfermidade. As evidencias neste sentido non son concluíntes, polo que non se plantea coma unha opción válida.

Os temblores son o primeiro signo de alarma que animan ao doente/familiares a acudir ao médico. Aínda que o síntoma máis popular da enfermidade é o temblor, o máis habitual é que se consulte inicialmente ao médico pola gran lentitude coa que se realizan as tareas cotidianas. O temblor de manos é invariable na súa intensidade. O temblor que característicamente se asocia coa enfermedad de Parkinson é máis evidente en reposo, disminuíndo cando se realizan movementos voluntarios. 

Todo temblor é signo de enfermidade de Parkinson. Hai moitas enfermidades similares á enfermidade de Parkinson e que se manifestan con síntomas parecidos, pero non son a enfermidade de Parkinson.

É unha enfermidade neurolóxica menor. É a segunda enfermidade neurodexenerativa, con maior prevalencia no noso país. Según a EPDA, afecta a máis de 6.3 millóns de persoas en todo o mundo.

É unha enfermidade que non limita a realización de tareas cotidianas. As persoas que padecen a forma moderada ou severa da enfermidade, máis do 80% dos casos, vense incapacitadas parcial e temporalmente para desenvolver tareas cotidianas e, moito máis, para poder desenvolverr unha vida laboral e social normal.

O único síntoma incapacitante son os movementos involuntarios da mano. O cadro sintomático que presenta o enfermo é realmente florido: dende alteracións motoras e fatiga, pasando por problemas de ansiedade e depresión, ata chegar ao deterioro da capacidade verbal.

O pronóstico da enfermidade é grave e mortal. Ata fai 25 anos considerábase coma unha das enfermidades dexenerativas do sistema nervioso central de peor pronóstico, pero a recente revolución farmacolóxica que se produciu neste campo variou esta concepción.

Non hai un tratamento farmacolóxico realmente útil. Se ben é certo que aínda non existe un tratamento farmacolóxico definitivo que cure a enfermidad, a terapia actual reduce ao máximo os síntomas da enfermidade e aumenta o tiempo no que o doente desempeña unha actividade normal, mellorando a súa calidade de vida.

A monoterapia con levodopa é a única realmente eficaz para facer frente aos síntomas desta enfermidade. Aínda que foi oel fármaco estándar ey de referencia dos últimos anos no tratamento da enfermidade, a súa limitada eficacia no tempo e os frecuentes e graves efectos adversos que se derivan do seu uso prolongado, contribuiu ao desenvolvemento de novos fármacos que, combinados con levodopa, consiguen elevar os seus beneficios clínicos e reducir os seus efectos adversos.

 

VERDADES

Non se coñecen con exactitude os factores etiolóxicos e desencadenantes desta enfermidade. Sin embargo, recentes estudos apuntan que determinados virus, disolventes e pesticidas poden inducir á aparición da enfermidade.

Unha dieta adecuada pode mellorar o estado do doente. Observouse que pode ser especialmente satisfactorio nestes doentes o establecemento dunha dieta acorde coas suas necesidades. Así, unha dieta de redistribución proteica acumulando a maior parte das proteínas na cea, ou a inxesta de moito líquido, pode mellorar a sintomatoloxía do doente.

A depresión é frecuente nestes doentes. A depresión é o trastorno mental que aparece máis frecuentemente asociado á enfermidade de Parkinson. Calcúlase que entre un 30-50% dos dopacientes con EP poden padecer algunha forma de depresión durante o curso da súa enfermidade.

Algunos pacientes bailan mejor que andan. Muchos pacientes mejoran su capacidad motriz al escuchar músicas rítmicas.

En poucos minutos, un doente pode pasar dun estado de acinesia a poder realizar todo tipo de movementos. As fluctuacións motoras bruscas son frecuentes, e poden agudizarse co consumo de certos medicamentos.

A falta de cumplimiento do tratamento farmacolóxico é a principal causa de fracaso terapéutico. Coma en tódalas enfermidades, o fármaco máis ineficaz é o que non se toma. A cronicidade desta enfermidade fai que os doentes teñan que cumplir co tratamento durante anos, o que dificulta a adherencia. Tamén a frecuente aparición de efectos secundarios asociados a algúns fármacos é unha causa fundamental de abandono da terapia.

 
      Imprimir
aaaaaaaaaaaaa