Tratamento farmacolóxico

Actualmente os medicamentos que existen para tratar o Parkinson axudan a aliviar os síntomas da enfermidade, pero non son curativos nin evitan a súa progresión. En tódolos casos e SEN EXCEPCIÓN, a medicación é sempre prescrita e controlada polo neurólogo. 

A principal función da dopamina no estriado é a modulación do sistema motor xunto coa acetilcolina:

Para que o noso sistema motor funcione correctamente é necesario un equilibrio entre a acción da dopamina, que nos axuda a inhibir á acción da acetilcolina que nos axuda a excitar:

A enfermidade de Parkinson produce un desequilibrio entre estas dúas sustancias neurotransmisoras, facendo que cada vez teñan menos dopamina e que o sistema motor esté sobreexcitado

 

A maioría dos tratamentos farmacolóxicos da enfermidade de Parkinson tratan de reestablecer este equilibrio. Na nosa entidade ofrecemos diferentes terapias que axudan a mellorar os síntomas da patoloxía pero non podemos recetar ningún destes medicamentos. De todas formas aquí tedes un resumo dos tratamentos máis recurrentes:

 

LEVODOPA

É o fármaco máis efectivo para controlar os síntomas da enfermidade xa que mellora tódolos síntomas motores, suplindo o déficit de dopamina que padecen os doentes con Parkinson. A súa toma pode suprimir total ou parcialmente os síntomas. Para que o tratamento de levodopa sea máis efectivo pódese engadir ao tratamiento un inhibidor periférico de dopamina, sendo os máis usados a Carbidopa ou la Benserazida. 

AGONISTAS DOPAMINÉRXICOS

O inicio do tratamento con este tipo de fármacos resulta eficaz para controlar os síntomas da enfermidade, demorando o tratamento con levodopa e con iso as complicacións producidas por ésta.

 

INHIBIDORES DOPAMINÉRXICOS (COMT y/o MAO-B)

Pódese administrar en fases iniciais de forma individual ou a medida que avanza a enfermidade en combinación coa levodopa, porque disminúen a degradación da levodopa ao bloquear as enzimas da COMT e da MAO-B, aumentando así a disponibilidade de dopamina no cerebro. 

 
      Imprimir