Na asociación seguimos impulsando actividades que fomentan o exercicio, a coordinación e o benestar das persoas con párkinson. Por iso, buscamos unha persoa voluntaria que queira colaborar na nosa actividade de tenis de mesa.
📍 Cando e onde?
Luns, de 9:30 h a 11:30 h
No Sporting Club Casino (Estrada da Zapateira, s/n).
A persoa voluntaria acompañará á monitora durante a sesión e apoiará o bo desenvolvemento da actividade.
Non é necesario ter experiencia previa en tenis de mesa, só ganas de axudar, compromiso e boa disposición para colaborar nun contorno próximo e dinámico.
Valorarase positivamente contar con formación en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como en áreas relacionadas coa actividade física, o deporte ou a saúde.
Anímaste?
O teu apoio é clave para que esta actividade siga adiante e para mellorar a calidade de vida das persoas participantes.
📩 Se che interesa ou queres máis información, escríbenos a direccion@parkinsongaliciacoruna.org
