Visitamos o Museo do RC Deportivo

  • Dez persoas usuarias da Asociación Párkinson Galicia-Coruña participaron nunha visita guiada ao museo do club, cuxo percorrido inclúe os vestiarios, a sala de prensa e o acceso a unha zona do terreo de xogo de Riazor.

O mércores 18 de novembro, dez persoas usuarias da nosa asociación gozaron dunha visita guiada ao Museo do RC Deportivo, unha oportunidade para coñecer a historia do club e compartir unha tarde en compañía.

O percorrido durou aproximadamente unha hora e media e permitiunos descubrir a traxectoria do Dépor e contemplar os seus trofeos. Como parte da visita ao museo, tamén coñecemos os vestiarios, pasamos pola sala de prensa e accedemos a unha zona do terreo de xogo de Riazor.

As persoas participantes recibiron, ademais, camisetas de agasallo, unha lembranza especial desta experiencia.

Esta saída forma parte das actividades de lecer e tempo libre da asociación, coas que promovemos espazos de encontro e oportunidades para gozar da nosa cidade máis alá das terapias.

Queremos agradecer á Fundación Real Club Deportivo que fixese posible esta visita e o detalle das camisetas, así como a todas as persoas que nos acompañaron.

Compartimos a continuación unha galería con algúns momentos do percorrido.

Scroll ao inicio