Máis de 600 persoas enchen o paseo do Burgo na V Carreira e Andaina polo Párkinson

  • A Asociación Párkinson Galicia-Coruña celebra unha edición especial da súa xa consolidada cita deportiva, enmarcada no seu 30 aniversario baixo o lema «30 anos en movemento»

Unha marea de máis de 600 persoas, entre participantes, membros da organización e voluntariado, encheu onte o paseo do Burgo, en Culleredo, durante a V Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson. A Asociación Párkinson Galicia-Coruña, co apoio do Concello de Culleredo e Castelo Deporte, celebrou unha edición especial da súa xa consolidada cita deportiva baixo o lema «30 anos en movemento».

«O bo tempo sumouse ás ganas de participar e ao compromiso de todas as persoas que se achegaron ata aquí. Estamos moi agradecidos por esta resposta, porque os beneficios da carreira nos permiten seguir ofrecendo os nosos servizos ás persoas con párkinson e parkinsonismos e ás súas familias», sinalou o presidente da entidade, Antonio Ferreiro.

Dez quilómetros de competición e catro de andaina

Ás 10:30 horas deuse a saída á carreira competitiva de 10 quilómetros, un dos momentos centrais da xornada. Tras completar o percorrido, Junior Javier Vázquez Grela cruzou a liña de meta en primeira posición da categoría masculina, mentres que Lucía Vázquez Sánchez, do Global Sport Club, acadou o primeiro posto na categoría feminina.

O podio masculino completouse con Pablo Fernández Roca, en segunda posición, e Iván López González, da AGAPOL (Asociación Galega de Policía), en terceira. Na categoría feminina, o segundo posto foi para Alba Gómez Rodríguez, mentres que Andrea Alfonso Acuña obtivo o terceiro.

Podéis ver todos los resultados aquí.

A xornada continuou tamén ao ritmo máis pausado da andaina solidaria, un percorrido de catro quilómetros que reuniu persoas de todas as idades. Sen a presión do cronómetro, familias, grupos de amizades e participantes de distintas xeracións compartiron camiño nun ambiente festivo.

Máis alá dos resultados e das distancias percorridas, a quinta edición desta cita volveu poñer o foco no seu propósito principal: dar visibilidade ao párkinson e aos parkinsonismos, achegar esta realidade á sociedade e contribuír a que as persoas afectadas e as súas familias poidan seguir contando con recursos e atención especializada..

Desde a entidade agradeceron a participación de todas as persoas inscritas, así como a solidariedade de quen colaborou a través do dorsal cero. Tamén destacaron o apoio do Concello de Culleredo e de Castelo Deporte, cuxa implicación foi fundamental para facer posible a xornada, xunto coa colaboración das empresas e entidades participantes.

En esta edición colaboraron Fundación San Rafael, el Colegio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, Vegalsa-Eroski, Club de Leones La Coruña, Sugema, SonPress, Ambulancias Apostol, Fundación Deportivo de A Coruña, USA Fitness Marineda City, Asociación Mayores de Telefónica, Lima Fusión, Badabúm Sorpresa, Bahía Pickleball, Instelec y Vianorte.

Scroll ao inicio