Traballo en rede na atención ao Párkinson nos ámbitos rurais | Betanzos

Traballo en rede na atención ao Párkinson nos ámbitos rurais | Betanzos

Cuándo

marzo 26, 2026    
2:00 pm - 3:00 pm

Tipo de evento

Asociación Párkinson Galicia-Coruña continúa a impulsar accións formativas dirixidas a profesionais co obxectivo de mellorar a atención ás persoas con enfermidade de Párkinson, especialmente nos contornos rurais.

O xoves 26 de marzo, ás 14 horas, celebrarase a charla “Traballo en rede na atención ao Párkinson: unha resposta coordinada nos ámbitos rurais”, en Betanzos.

A sesión será impartida por Sandra García, responsable do Servizo de Fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, e está dirixida a profesionais sanitarios e dos servizos sociais interesados en coñecer modelos de coordinación e intervención comunitaria na atención ao Párkinson.

Durante a charla abordarase a importancia do traballo en rede como ferramenta clave para ofrecer unha atención integral, próxima e adaptada ás necesidades das persoas con Párkinson que viven en contornos rurais.

Scroll al inicio