A Asociación Párkinson Galicia-Coruña continúa a impulsar accións formativas dirixidas a profesionais co obxectivo de mellorar a atención ás persoas con enfermidade de Párkinson, especialmente nos contornos rurais.
O lúns 27 de abril, ás 12 horas, celebrarase a charla “Traballo en rede na atención ao Párkinson: unha resposta coordinada nos ámbitos rurais”, na casa Echeverry de Oleiros.
A sesión será impartida por Sandra García, responsable do Servizo de Fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, e está dirixida a profesionais sanitarios e dos servizos sociais interesados en coñecer modelos de coordinación e intervención comunitaria na atención ao Párkinson.
Durante a charla abordarase a importancia do traballo en rede como ferramenta clave para ofrecer unha atención integral, próxima e adaptada ás necesidades das persoas con Párkinson que viven en contornos rurais.
