Obradoiro de Novas Tecnoloxías

Obradoiro de Novas Tecnoloxías

Desde - Hasta: - 01/06/2017

Este obradoiro xorde en resposta á necesidade de achegar as Novas Tecnoloxías ao noso colectivo de usuarios/as como unha alternativa máis de tratamento, orientado a mellorar síntomas motores e cognitivos:

- Utilizamos unha videoconsola con cámara de recoñecemento facial e corporal que se proxecta nun televisor que o/a usuario/a ten diante. Propoñémoslle aos/as participantes diferentes xogos e actividades nos que poden participar sós/as, competir ou cooperar con outros/as compañeiros/as. Os xogos adestran diferentes aspectos motores que se atopan alterados na enfermidade de Parkinson, ademais, e non menos interesante, resulta o beneficio obtido a nivel anímico e a integración social dos afectados/as por esta patoloxía.

- Contamos cun computador portátil e programas específicos para o traballo da axilidade mental e a capacidade de resposta destes/as enfermos/as. Traballamos en modo competitivo para estimular a actividade cerebral e que a sesión sexa máis divertida para os/as participantes.

OBXECTIVOS

Mellorar equilibrio, coordinación e mobilidade global.
Mellorar memoria, atención, cálculo e comprensión.
Favorecer a integración social dos/as participantes e mellorar o seu estado de ánimo.

Forma de pago: efectivo (10 primeros días de mes) o domiciliación bancaria (remesa trimestral, semestral o anual).

 

IMPARTEN

  

     Sandra García         Belén Castro   

 

Coa colaboración de: