Tratamento cirúrxico
ESTIMULACIÓN CEREBRAL PROFUNDA
A estimulación cerebral profunda é a técnica cirúrxica máis empregada na enfermidade do Parkinson.
Consiste en implantar un dispositivo similar a un marcapasos que envía impulsos eléctricos a zonas concretas do cerebro, co obxetivo de mellorar síntomas como o tremor, a rixidez ou as discinesias, e reducir a necesidade de medicación.
Non cura a enfermidade nin mellora tódalas súas manifestacións, e só se recomenda en pacientes seleccionados segundo criterios médicos moi específicos.
Aínda que é un procedemento eficaz en moitos casos, tamén conleva riscos, polo que sempre debe valorarse de maneira individual e con apoio familiar.
