Para pacientes:

O Parkinson é unha enfermidade neurodexenerativa, pero non é mortal. Ademais, afecta a cada persoa de maneiras moi diferentes, polo que é mellor non comparar a un paciente con outro nin xeralizar síntomas.

Pero tranquilo/a, non estás só/soa. Un comentario común á hora de empezar na asociación é “teño medo do que me vaia atopar“. Non teñas medo, contacta connosco, desde a nosa entidade, podemos axudarche a: 

  • •Coñecer máis sobre a enfermidadeea súa evolución, así como sobre os posibles tratamentos Aclarar todas as túas dúbidas
  • •Aclarar todas as túas dúbidas
  • •Escoller as terapias de rehabilitación que máis che conveñan para mellorar os síntomas da enfermidade
  • •Informarte sobre os recursos e axudas que existen para ti

Para familiares y amizades:

Non te preocupes, estamos aquí para ofrecerche todo o noso apoio. Se pensas que non estás capacitado/a para axudar ó teu familiar ou amigo, trabúcaste:

  • Anímao a normalizar a súa vida e a non abandonar as súas rutinas. Insístelle en levar a cabo estes consellos
  • Respecta os seus tempos e limitacións á hora de normalizar a situación na que se atopa. Todos temos ritmos diferentes.
  • Cando estea decidido/a, acompáñao ó noso centro para informarse e asesorarse sobre a enfermidade.
  • Infórmao sobre os beneficios do exercicio físico e de tódalas terapias de rehabilitación como parte fundamental do seu tratamento.
  • Intenta saber máis sobre a enfermidade e os seus trastornos asociados. Desde a nosa entidade ofrecemos talleres e charlas gratuítos nos que resolvemos tóda las dúbidas que poidan xurdir.

Para persoas cuidadores:

Queremos que axudes a mellorar a calidade de vida da persoa que coidas, pero sobre todo queremos axudarche a mellorar a túa.

Desde a nosa entidade podemos: 

  • Formarte na enfermidade coas nosas charlas informativas.
  • Atopar recursos e servizos adaptados á vosa situación.
  • Apoiarte psicoloxicamente, por se nalgún momento fraquean as forzas.

Preguntas frecuentes

11 de abril, día mundial del párkinson

Mentiras e verdades sobre o Párkinson

Mentiras

Mitos comúns sobre o Parkinson

Verdades

Algunhas verdades menos coñecidas sobre o Parkinson

Scroll ao inicio