V Carreira e andaina solidaria polo párkinson
18 de outubro – Paseo marítimo do Burgo (Culleredo)
Edición especial: 30 anos en movemento
Organizan:



V Carreira e andaina solidaria polo párkinson
Anota a data!
18 de outubro · 10:30 · Paseo Marítimo do Burgo (Culleredo)
Inscricións abertas ata o 5 de outubro.
Inscríbete
Corre, camiña ou colabora nunha xornada onde o deporte e a solidariedade van da man. Cada paso conta e cada inscrición suma.
O evento
Hai moitas maneiras de sumar
O importante non é a distancia, senón todo o que conseguimos cando damos un paso xuntos/as polas persoas con párkinson.

As persoas menores de idade deberán encher a autorización para poder participar na andaina. Esta deberá ser entregada no momento da entrega de dorsais.
Percorrido
- Carreira solidaria – 10 km: Modalidade competitiva e cronometrada por Emesports. O percorrido consta de dúas voltas ao circuito indicado no mapa.
- Andaina solidaria – 4 km: Modalidade non competitiva e aberta a todas as idades. Se realizará unha volta ao circuito, aunque esta fai o xiro antes, como indica a imaxe.

Regulamento
AUTORIZACIÓNS
Non importa como participes. O importante é que formes parte do camiño.
Vémonos o 18 de outubro
Grazas por formar parte desta iniciativa. Correndo, camiñando ou colaborando cun Dorsal 0, estarás axudando a mellorar a calidade de vida das personas con párkinson e as súas familias.
Tes algunha dúbida?
Escríbenos a comunicacion@parkinsongaliciacoruna.org o chámanos ao 981 241 100 e estaremos encantadas de axudarche.
Entrega de dorsais e camisetas:
Podes recollelo na Escada (C/ Manuel Azaña, 2. 15670 – Culleredo) no seguinte horario:
Sábado 17 de outubro: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h













