Trabajo Social
Desde o servizo de Traballo Social ofrecemos orientación e asesoramento, de maneira personalizada. Establecendo un contacto coa persoa que o solicite e facilitándolle as alternativas que poidan ser necesarias dentro dos diferentes ámbitos que poidan verse afectados pola enfermidade: social, familiar, prestacións, ocio…
O servizo ofrécese de maneira gratuíta, tratando de paliar as posibles dificultades e mellorar a calidade de vida das persoas con párkinson e dos seus familiares ou persoas coidadoras.
