Logopedia
Existe unha linguaxe que vai máis aló das verbas
A logopedia axuda a manter e mellorar a comunicación e a deglutición, funcións que poden verse afectadas polo párkinson.
A través de exercicios e técnicas personalizadas, trabállase a voz, a articulación, a respiración, favorecendo unha comunicación máis clara e intelixible. Tamén reforzamos a deglutición para conseguir que sexa eficaz e segura.
Obxetivos
Servizos de logopedia

Logopedia individual
A través de sesións individuais traballamos de maneira específica as
alteracións da voz, fala e deglutición que poidan aparecer nas persoas diagnosticadas.

Logopedia grupal
Traballamos a rehabilitación dos trastornos da fala e da voz,
mediante o agrupamento de persoas nuna situación terapéutica semellante.

Escritura
A comunicación escrita é un dos aspectos que se ve máis afectado
polo párkinson, nestas sesións grupais temos como obxectivo a prevención e rehabilitación dos trastornos da escritura.
