Fisioterapia
Unha peza clave no tratamento do Parkinson
A través do exercicio terapéutico e a fisioterapia, axudamos a mitigar o impacto dos síntomas motores da enfermidade e manter a autonomía das persoas con párkinson.
Realizamos unha valoración personalizada para adaptar o plan terapéutico ás necesidades e evolución de cada persoa. Ofrecemos un amplo abanico de actividades dentro do servizo de fisioterapia: sesións individuais, grupais e talleres específicos, encamiñados a manter e mellorar a calidade de vida.
Obxectivos
Servizos de fisioterapia

Fisioterapia individual
Ofrecemos sesións individuais de tipo preventivo e rehabilitador, de patoloxías asociadas á enfermidade (dificultades na marcha, equilibrio, coordinación,…) e outros secundarios a esta (lumbalxias, tendinitis, mialxias…).

Fisioterapia grupal
Organizamos grupos de tratamento integrados por persoas afectadas que se atopan nunha situación clínica similar. Traballamos aspectos como o equilibrio, a coordinación, a postura e a marcha.

Hidroterapia
A auga é un recurso terapéutico idóneo para o tratamento da fisioterapia. A flotación, a resistencia, a presión hidrostática ou o movemento fluído favorecen a aliviar os síntomas da enfermidade.
Actividades grupais
Os grupos organízanse por idade e nivel de afectación, para que cada persoa poida traballar ó seu ritmo, de maneira segura e adaptada. Adéstrase mobilidade, equilibrio e forza, sempre nun ambiente acompañado, onde o exercicio tamén se convirta en apoio e motivación compartida.

Tenis de mesa
O tenis de mesa axuda a mellorar a coordinación, o equilibrio e os reflexos, mentres fomenta a socialización e o benestar emocional das persoas con párkinson.

Estiramientos e relaxación
Promovemos os estiramentos de persoas con párkinson e os seus familiares coa finalidade de manter a musculatura en condicións óptimas e evitar molestias. As técnicas de relaxación contribúen a diminuír a ansiedade e a aliviar a tensión emocional.
