Con motivo del Día Mundial del Parkinson, que se celebra cada 11 de abril, la Asociación Parkinson Galicia-Coruña pone en marcha una programación especial de actividades orientadas a la sensibilización, la divulgación y el acompañamiento de las personas con párkinson, sus familias y la sociedad en general.
Las acciones se desarrollarán entre los meses de abril y mayo en diferentes espacios de A Coruña, combinando actos reivindicativos, divulgativos, culturales y deportivos.

📅 Programa de actividades
🗣️ 11 de abril | Lectura do Manifesto polo Día Mundial do Parkinson
O 11 de abril, Día Mundial do Parkinson, celebraremos a Lectura do Manifesto na Praza de María Pita, ás 11.00 horas.
Un acto aberto a toda a cidadanía co que queremos dar voz ás persoas con párkinson e visibilizar a realidade da enfermidade.
Durante esta xornada tamén se repartirán trípticos informativos en centros de saúde, centros cívicos e farmacias, co obxectivo de achegar información clara e accesible á poboación.
🧠 15 de abril | Vivir co Párkinson hoxe
O 15 de abril, José María Freire, responsable da área de Neuropsicoloxía da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, intervirá no ciclo de conferencias “Voz de pacientes” organizado pola Real Academia de Medicina de Galicia.
Un relatorio centrado en como é vivir co párkinson na actualidade, poñendo o foco na experiencia das persoas afectadas e na importancia do acompañamento profesional e social.
💡 17 de abril | VII Xornadas de Párkinson “Innovación con impacto”
O 17 de abril celebraremos as VII Xornadas de Párkinson “Innovación con impacto”, que terán lugar no Hotel Áttica21.
Estas xornadas, gratuitas e con inscrición previa, reunirán profesionais, entidades e persoas interesadas para reflexionar sobre novas miradas, proxectos e avances na abordaxe do párkinson.
📌 Aforo limitado.
🎨 22 de abril | Cultura que acompaña
O 22 de abril organizamos a actividade “Cultura que acompaña”, unha visita guiada á exposición de Annie Leibovitz na Fundación MOP.
Unha proposta cultural pensada como espazo de encontro e desfrute compartido.
📌 Actividade gratuita, con inscrición previa e aforo limitado.
🧗 23 de maio | Deporte que acompaña – Escalada
O 23 de maio terá lugar a actividade “Deporte que acompaña – Escalada”, unha xornada de portas abertas no Rocódromo de Riazor.
Esta actividade está dirixida ás persoas socias da entidade e busca fomentar o exercicio físico, a autonomía e o benestar a través do deporte.
📌 Actividade gratuita, con inscrición previa e aforo limitado.
