Infórmate > Noticias 

Noticias 

1ª CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PARKINSON NO PASEO MARÍTIMO DO BURGO
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

25/09/2017 | A Coruña

1 de 1

¡Por fin podemos anuncialo oficialmente!

Levamos varias semanas organizando a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson que se celebrará no paseo marítimo do Burgo o vindeiro 22 de outubro de 2017.

O percorrido da carreira será de 9 quilómetros e disporase mediado o percorrido dun avituallamiento líqiuido que se complementará cunha barrita enerxética e froita ao remate da actividade. Tódolos/as participantes da carreira poderán coñecer os seus tempos gracias aos microchips dispostos pola organización.

A andaina colaborativa ten como obxecto acompañar aos/ás usuarios/as da Asociación de Parkinson durante 2 quilómetros. Pretende ser unha andaina inclusiva na que poidan participar persoas con mobilidade reducida, persoas en cadeira de rodas, persoas acompañadas por animais de compañía, etc. Os menores de 8 anos poderán inscribirse de forma gratuita.

Tódolos/as participantes estarán cubertos/as por un seguro de accidentes ante calquera cousa que poidera xurdir durante a realización das actividades e tamén agasallaremos cunha camiseta a tódolos/as inscritos.

Estas inscripcións están abertas en emesports.es ata o próximo 17 de outubro de 2017 e ATENCIÓN! Hai diferentes enlaces para as diferentes actividades, preme no que queiras participar para elexir a túa: 

Carreira solidaria (9k) inclúe dorsais e microchips 

Andaina solidaria (2k) inclúe dorsais

Dorsal 0: aínda que non poidas acudir ao noso evento, ofrecemos a posibilidade de colaborar cos nosos proxectos, inscribíndote coma dorsal 0.

 

Doutra banda, a recollida de dorsais será no Decathlon de Oleiros (Parque Comercial Oleiros, Avenida das Mariñas, 53) o xoves 19 de outubro dende as 16h ata o sábado 21 de outubro ás 14h, ou ben na zona de saída e meta entre as 9h e 10h do mesmo 22 de outubro.

E... garda o teu dorsal ao final da actividade, porque haberá un sorteo de agasallos ofrecidos polos/as nosos/as colaboradores/as. Non o perdades!

Queríamos dende aquí enviar toda a nosa gratitude a tódolos/as organizadores/as e colaboradores/as porque sen eles/as todo isto non sería posible. Así que moitísimas gracias a: 

Castelo Deporte, Concello de Culleredo, Deputación da Coruña, Iam Rumbo, Aleux Rotulación, Decathlon, Eroski Center, Alcampo, Agua Sana, Estrella Galicia, Prodasva, Fundación Solidaria Gaes, Gadis, Limpergal, Pepsico, Peluquería LPV, Os Laranxos, Conservas Sotavento, Bodegas Lodeiros, Melià María Pita e Club de Leones A Coruña Decano.

 

Para máis información: 

info@parkinsongaliciacoruna.org 
981 241 100 e 618 950 128

 

 

Archivada en:

Qué hacemos > Programas | Proyectos | Servicios Actuales > OCIO Y TIEMPO LIBRE > Otras actividades y visitas

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
 

Mantente informado/a
Recibe nuestro boletín
Más info