Boletín Nº7 - Xaneiro 2018
BOLETÍN Nº7 - XANEIRO 2018
Novidades na Asociación Parkinson Galicia-Coruña
Entramos no 2018 e queremos deixar constancia das principais actividades que realizamos na asociación o pasado mes de dicembre.
Empezamos o mes coa iniciativa coñecida como # BaixoOMesmoParaugas, que tivo lugar o domingo día 3 de decembro na Praza de María Pita polo Día da Discapacidade. O obxectivo deste movemento foi dar valor ás actividades das asociacións e facer ver que son moitas as entidades de discapacidade na Coruña. No noso Facebook podedes atopar unhas fotografías e na nosa web recollemos unha noticia completa sobre o evento.
A mediados de mes, o xoves 14 e o venres 15, celebráronse as "I Xornadas Galegas de Puertas Abertas sobre a Enfermidade de Parkinson: unha visión 360º". Este evento foi todo un éxito e proximamente colgarase un vídeo do mesmo grazas á Fundación Curemos o Parkinson. Na noticia da nosa web podedes atopar toda a información necesaria.
Ademais, o día 15 tamén se fixo o sorteo da cesta de Nadal xunto coa ONCE. O número premiado foi o 31.420 e a gañadora resultou a nosa compañeira Eva Iglesias.
Finalmente, o sábado 16 celebramos, un ano máis, a comida de Nadal, que tivo lugar nos Salóns de Pastoriza e onde os usuarios e os membros do equipo pasámosnolo/pasámonolo estupendamente todos xuntos. No noso Facebook podedes atopar un vídeo con varias fotos da celebración.
Axenda de actividades
Durante o mes de xaneiro centrarémonos en propoñer os novos retos e obxectivos a cumplir no ano 2018, deseñando o noso plan estratéxico anual. Esperamos que os Reis Magos veñan cargados de felicidade para este ano.
Noticias publicadas en decembro
·3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade (04/12/2017)
·I Xornadas Galegas de Portas Abertas sobre a Enfermidade de Parkinson: Unha visión de 360º (Actualización: 13/12/2017)
Para máis información, síguenos en Facebook, Twitter e Youtube:
Facerme socio/a | Donar ahora | Facerme voluntario/a | Anular suscripción
C/ Jazmines, 50 (Locales 134-137)
Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128
info@parkinsongaliciacoruna.org