Novidades na Asociación Parkinson Galicia-Coruña
Deixamos atrás o mes de abril e tódalas actividades do Día Mundial do Parkinson, non sen antes darvos as gracias a tódoslos que fixestes posible que todo saíra adiante. Dende as cuestacións na A Coruña e Betanzos, pasando polo Mannequin Challenge e a celebración da merenda a semana pasada. Tamén queríamos agradecervos a vosa colaboración en tódalas nosas redes sociais, xa que cada vez recibimos máis visitas á nosa páxina web e todo é debido á vosa implicación compartindo as nosas publicacións. Unha vez máis, GRACIAS. A continuación podedes ver tódalas actividades que temos preparadas para o mes de maio.
Axenda de actividades
-Convocatoria Xunta de Galicia: a finalidade destas axudas individuais é a adquisición de servicios de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servicios complementarios de asistencia personal para persoas con discapacidade empadroadas nalgún municipio da comunidade autónoma de Galicia. Neste enlace podedes atopar a convocatoria. O plazo está aberto ata o xoves, 11 de maio.
-Martes, 16 de maio ás 16h: os nosos usuarios do Obradoiro de Escritura en colaboración co colexio Fogar de Santa Margarida elaboraron o decorado para o escenario da obra de teatro "Carapuchiña vermella" que representarán os nenos de Primaria. ¡Pronto veredes as fotos!
-Venres, 26 de maio ás 17h: ¡Volve Pasiño a Pasiño! Esta vez encontrarémonos diante do colexio Las Esclavas S.C. para camiñar un ratiño polo Paseo Marítimo. Podedes apuntarvos ata o martes 23 nas nosas oficinas ou enviándonos un e-mail.
Por último queríamos recordarvos que calqueira persoa pode colaborar connosco facéndose socio por tan só 1,6€ ao mes. É unha cantidad moi pequeniña, pero con ela márcase a diferencia. A través deste enlace podedes facervos socios cubrindo o formulario. Se o preferides podedes poñervos en contacto directamente. Unha vez dado o paso veredes que:
-Coa vosa aportación de 20€: un doente poderá asistir a Hidroterapia durante 4 meses.
-Coa vosa aportación de 50€: un doente poderá asistir a Fisioterapia grupal, Logopedia grupal, Obradoiro de Estimulación Cognitiva e Obradoiro de Escritura durante un mes.
Noticias publicadas en marzo-abril
·¡¡¡Acepta o desafío e conxélate polo Parkinson!!! (23/03/2017)
·Mapa de localización das mesas informativas e petitorias que colocaremos por A Coruña (05/04/2017)
·Fotos da Cuestación 2017 (07/04/2017)
·Noticias en prensa do Día Mundial do Parkinson 2017 (17/04/2017)
Para máis información, síguenos en Facebook, Twitter e Youtube:
Facerme socio/a | Donar ahora | Facerme voluntario/a | Anular suscripción
Rúa Jazmines, 50 (Locales 134-137)
Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128
info@parkinsongaliciacoruna.org
Rúa Jazmines 10
A Coruña (15008)
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128 | info@parkinsongaliciacoruna.org
O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.