Boletín Nº8 - Febreiro 2018
BOLETÍN Nº8 - FEBREIRO 2018
Novidades na Asociación Parkinson Galicia-Coruña
Como xa informabamos no boletín pasado, este mes de xaneiro foi empregado para propoñer os retos e obxectivos a cumprir ao longo do ano. O equipo hase reuindo varias veces e xa se empezan a albiscar as primeiras actividades que poñeremos en marcha este 2018. Pero primeiro debemos facer un repaso dos eventos máis importantes do mes.
En primeiro lugar, tras a boa acollida que tivo a finais de 2017, Patri Cortés Cadrado volveu a ofrecerse para continuar o Taller Creativarte entre xaneiro e abril, o primeiro e terceiro venres de cada mes. Nesta actividade, propóñense aos usuarios toda unha serie de xogos creativos e manualidades para pasar un bo intre todos xuntos.
Ademais, Sabela Bouzas puxo en marcha, para os meses de febreiro e marzo, o Taller EduPark para enfermos de Parkinson, que ten como obxectivo educar sobre a enfermidade de Parkinson e axudar a manexar a tensión e a afrontar as situacións difíciles. Esta iniciativa tivo unha gran acollida entre os nosos usuarios, xa que as prazas completáronse rapidamente.
Por último, o pasado 24 de xaneiro asistimos á Fundación Repsol para o acto de presentación dos nove proxectos sociais aos que axudará este ano. Son, todas elas, iniciativas que teñen como obxectivo apoiar a persoas con discapacidade e a colectivos en situación de vulnerabilidade. O proxecto que presentou a nosa asociación trata sobre a hidroterapia para persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson, cunha proposta de dúas sesións grupales semanais de fisioterapia en piscina, cunha hora de duración cada unha. Convidámosvos a visitar o apartado da nosa web que fala sobre o noso servizo de hidroterapia para que poidades ver a información completa.
Aproveitamos para dar as grazas á Fundación Repsol unha vez máis polo seu apoio a tantos proxectos sociais, algo que axudará a mellorar a vida moitas persoas, tanto usuarios como familiares-coidadores.
Axenda de actividades
Venres, 16 de febreiro, ás 17:00 realizarase unha merenda de Entroido no Centro Cívico de Elviña para celebrar esta festividade; o evento contará cun concuso de disfraces. Animámosvos a traer produtos típicos desta época para poder disfrutar todos xuntos. Hai que apuntarse na oficina antes do 14 de febreiro.
Xoves, 22 de febreiro, ás 20:00 terá lugar un concerto benéfico no Salón de Actos da Real Academia. Esta actividade organízaa a Real Academia Galega de Belas Artes desde 2011, coa colaboración do grupo de cámara " Artemis Ensemble".
Noticias publicadas en xaneiro
·La Fundación Repsol financia nueve proyectos sociales (26/01/2018)
Para máis información, síguenos en Facebook, Twitter e Youtube:
Facerme socio/a | Donar ahora | Facerme voluntario/a | Anular suscripción
C/ Jazmines, 50 (Locales 134-137)
Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128
info@parkinsongaliciacoruna.org
comunicacion@parkinsongaliciacoruna.org