Novedades na Asociación Parkinson Galicia-Coruña
Entramos no último mes do ano e é o momento de facer un repaso de todas as actividades que levaron a cabo e nas que participaron os nosos usuarios entre agosto e novembro.
En agosto tiveron lugar dúas actividades nas que moitos tomaron parte. O día 22 fíxose unha visita á sede de Afundación A Coruña para a exposición “Lugrís, paredes soñadas”, do decorador de espazos Urbano Lugrís. A segunda actividade do mes tivo lugar o día 25, cando se realizou a última etapa de Pasiño a Pasiño, esta vez no Parrote.
En setembro empezamos a preparar un dos eventos que máis éxito tiveron, a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson, que tivo lugar o domingo 22 de outubro e na que participaron persoas de todas as idades. Tamén podedes acceder á noticia que publicamos en Facebook na que vos deixamos moitas das fotos que sacamos ese día.
Finalmente, en novembro organizouse un concerto solidario a beneficio da Asociación no Centro Ágora da Coruña. Os encargados do espectáculo foi a Agrupación Musical de amiZades. Nesta ligazón podedes ver algunhas das fotos que sacamos ese día e que publicamos na nosa páxina de Facebook.
Axenda de actividades
Domingo, 3 de decembro, ás 12:00 terá lugar un acto de sensibilización na Praza de María Pita con motivo do Día da Discapacidade. A iniciativa coñécese como # BaixoOMesmoParaugas e o seu obxectivo é dar valor ao movemento asociativo e facer ver que son moitas as entidades de discapacidade en A Coruña. Lerase un manifesto reivindicativo sobre a lei de accesibilidade universal, sacarase unha foto grupal cos paraugas e subirá un representante de cada asociación para ler un lema propio.
Xoves e venres, 14 e 15 de decembro, serán, en Afundación A Coruña, as “I Xornadas Galegas de Puertas Abertas sobre a Enfermidade de Parkinson: unha visión 360º”. Esta actividade realízase conxuntamente coa Fundación Curemos o Parkinson e a asistencia é gratuíta (ata completar aforamento). Ademais, para os que non poidan asistir, as Xornadas serán retransmitidas en streaming.
Sábado, 16 de decembro, celebrarase, un ano máis, a comida de Nadal, que terá lugar nos Salóns Pastoriza ás 14:15, con misa previa á 13:30 no Santuario Pastoriza. O prezo variará en función dos servizos seleccionados: só comida (25€) ou con autobús (28€). Para máis información podedes picar nesta ligazón á noticia completa que publicamos no noso Facebook.
Noticias publicadas entre agosto e novembro
·Pasiño a Pasiño - Xullo 2017 (01/08/2017)
·Visita a Lugrís, paredes soñadas (22/08/2017)
·Pasiño a Pasiño - Agosto 2017 (25/08/2017)
·1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson no Paseo Marítimo do Burgo (25/09/2017)
·Agradecementos 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson (23/10/2017)
·Chegada á meta de Ángel Castañeda na I Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson (31/10/2017)
·Concerto solidario de amiZades (17/11/2017)
Para máis información, síguenos en Facebook, Twitter e Youtube:
Facerme socio/a | Donar ahora | Facerme voluntario/a | Anular suscripción
C/ Jazmines, 50 (Locales 134-137)
Barrio de las Flores - 15008 A Coruña
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128
info@parkinsongaliciacoruna.org
Rúa Jazmines 10
A Coruña (15008)
Tel.: 981 241 100 - 618 950 128 | info@parkinsongaliciacoruna.org
O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.