Traballo en rede na atención ao Párkinson nos ámbitos rurais

Cuándo

marzo 5, 2026    
1:30 pm - 2:30 pm

A Asociación Párkinson Galicia-Coruña continúa a impulsar accións formativas dirixidas a profesionais co obxectivo de mellorar a atención ás persoas con enfermidade de Párkinson, especialmente nos contornos rurais.

O mércores 5 de marzo, ás 13:30 horas, celebrarase a charla “Traballo en rede na atención ao Párkinson: unha resposta coordinada nos ámbitos rurais”, no Centro Cívico Virginia Blanco.

A sesión será impartida por Sandra García, responsable do Servizo de Fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, e está dirixida a profesionais sanitarios e dos servizos sociais interesados en coñecer modelos de coordinación e intervención comunitaria na atención ao Párkinson.

Durante a charla abordarase a importancia do traballo en rede como ferramenta clave para ofrecer unha atención integral, próxima e adaptada ás necesidades das persoas con Párkinson que viven en contornos rurais. Ademais, informarase sobre a próxima implantación dun Punto de Información e Atención ao Párkinson neste concello, reforzando así os recursos comunitarios dispoñibles.

Scroll al inicio