Política de privacidade

  • Dereito de información

ara os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 (RXPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase a persoa usuaria da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado pola ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA e baixo a súa responsabilidade, cos datos persoais que nos poida facilitar durante a navegación polo noso sitio web, xa sexa no momento do seu rexistro ou cando envíe unha mensaxe de correo electrónico.

  • Responsable de tratamento:
    • Denominación social: ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA
    • CIF: G15582224
    • Domicilio social: RÚA XAZMÍNS, 10, BARRIO DAS FLORES, 15008 – A CORUÑA (A CORUÑA)
    • Teléfono: 981 241 100
    • Correo electrónico para comunicacións: info@parkinsongaliciacoruna.org
    • Datos de contacto da persoa delegada de protección de datos:
  • Finalidade do tratamento:

Indicámoslle que a finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios habilitados na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.

  • Lexitimación

Artigo 6.1.a) do RXPD. A persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6.1.b) do RXPD. Tratamento necesario para a execución dun contrato no que a persoa interesada é parte ou para a aplicación, por petición desta, de medidas precontractuais.

  • Conservación e tratamento dos datos:

Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, sempre que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivarse do cumprimento da finalidade para a que os datos foron recollidos.

Se fose necesario, a ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a finalidade para a que foron recollidos, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos persoais.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que contamos co seu consentimento para utilizalos co fin de manter e fortalecer a relación entre as partes.

Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros, agás nos casos nos que exista unha obriga legal. A ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA non elaborará ningún tipo de «perfil» en función da información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas baseadas en perfís.

De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, solicitaremos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos que poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.

Vostede ten dereito a opoñerse ao tratamento dos datos indicados anteriormente e/ou retirar o seu consentimento, se é o caso, en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante unha notificación dirixida á persoa responsable do tratamento nos enderezos indicados.

  • Medidas técnicas e organizativas

A ASOCIACIÓN PÁRKINSON GALICIA-CORUÑA adopta as medidas técnicas, os controis e os procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e a garantir a súa privacidade. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados das alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.

Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais recibiu formación e coñece as súas obrigas en relación cos tratamentos de datos persoais.

Nos contratos que subscribimos cos nosos provedores incluímos cláusulas polas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto dos datos de carácter persoal aos que teñan acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.

Todas estas medidas de seguridade revísanse periodicamente para garantir a súa adecuación e efectividade.

Porén, non se pode garantir a seguridade absoluta e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable. Polo tanto, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha violación da seguridade dos datos, adoptaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á autoridade de control e, se é o caso, ás persoas usuarias que puidesen verse afectadas, para que adopten as medidas oportunas.

  • Dereitos:

A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade dos datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas en relación cos datos obxecto do tratamento, ante a persoa responsable do tratamento no enderezo anteriormente indicado ou mediante correo electrónico a info@parkinsongaliciacoruna.org, achegando unha copia do seu DNI ou documento acreditativo equivalente, ou calquera outra forma válida de identificación inequívoca. Tamén poderá dirixirse directamente á persoa delegada de protección de datos.

No caso de non obter unha resposta satisfactoria no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente en materia de protección de datos, que é a Axencia Española de Protección de Datos, cuxos datos de contacto están dispoñibles en:

https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.

Scroll ao inicio