Ocio e tempo libre
Na Asociación Párkinson Galicia Coruña, cremos que o ocio e a vida social son fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con Parkinson e as súas familias. Por iso, organizamos actividades de tempo libre pensadas para gozar, estreitar vínculos e fomentar a socialización entre os nosos usuarios e usuarias.
As persoas participantes non só interactúan e comparten experiencias durante as terapias grupais, senón que tamén teñen a oportunidade de gozar xuntos de visitas culturais a museos de A Coruña, concertos, excursións e xantares en datas especiais, como Nadal, Entroido e Magosto. Estas actividades reforzan a conexión entre persoas con Parkinson e os seus familiares, promovendo unha contorna de apoio, diversión e benestar.
O ocio inclusivo para persoas con Parkinson en A Coruña é unha parte esencial do noso enfoque integral, xa que combina entretemento, socialización e fortalecemento de redes de apoio. Para mostra de todo isto, compartimos algunhas fotos das actividades celebradas ó longo dos anos, que reflicten a ledicia e a participación da nosa comunidade.
Música e solidariedade únense no concerto benéfico “Unha memoria feita música” en apoio do Parkinson Galicia-Coruña
El recital, en el que participó Andrés Suárez, la OSG y el conservatorio del Colegio…
