Psicoloxía y Neuropsicoloxía
A enfermidade de Parkinson presenta una sintomatoloxía moi variada, incluíndo un grupo de síntomas non motores relacionados con problemas emocionais como poden ser a depresión, a ansiedade, a apatía ou o control de impulsos. Tamén é común a aparición de cambios cognitivos, podendo presentar dificultades na capacidade de atención, ou alteracións na memoria e a percepción.
Estes síntomas teñen un impacto na vida das persoas e na evolución da enfermidade, podendo chegar a ser tanto ou máis limitantes que os síntomas motores.
As persoas coidadoras ou familiares dunha persoa con párkinson, poden ver afectada a súa propia saúde de maneira indirecta, como consecuencia do impacto psicolóxico e o desgaste emocional que conleva exercer os coidados. Por iso, desde a nosa Asociación ofrecemos apoio psicolóxico a este colectivo, creando grupos de apoio nos que poden compartir experiencias e aprender técnicas ou recursos para mellorar o seu día a día.
Se a persoa necesita atención individual, ou sesións de psicoloxía conxuntas, tamén se lle proporcionarán.
Objetivos
Servizos de psicoloxía y neuropsicoloxía

Sesións individuales
Sesións individuais de neuropsicoloxía e psicoloxía clínica orientadas á avaliación e ó manexo dos cambios cognitivos e emocionais asociados ó párkinson. Intervencións baseadas na evidencia e adaptadas ó perfil de cada persoa.

Estimulación cognitiva
Nestas sesións grupais traballamos con persoas que se atopan nunha situación clínica similar, para reforzar aspectos como a memoria, a lóxica e a atención a través de exercicios que estimulan a nosa mente.

Grupos de apoio para persoas coidadoras e familiares
Os grupos de apoio brindan a posibilidade de compartir recursos, intercambiar experiencias, ampliar os círculos sociais e fomentar o apoio psicosocial. Todo isto nun ambiente cómodo no que cada persoa poida sentirse escoitada e comprendida, dado que a maioría están pasando por unha situación con condicións similares.
