Logopedia

A logopedia axuda a manter e mellorar a comunicación e a deglutición, funcións que poden verse afectadas polo párkinson.



A través de exercicios e técnicas personalizadas, trabállase a voz, a articulación, a respiración, favorecendo unha comunicación máis clara e intelixible. Tamén reforzamos a deglutición para conseguir que sexa eficaz e segura.

Obxetivos

Axudar a instaurar un patrón respiratorio correcto, favorecendo a función respiratoria e a fonación
Mellorar a articulación e a vocalización, logrando unha maior intelixibilidade na fala
Favorecer diferentes aspectos como o ritmo, a prosodia, o ton e o volume, resultando nunha mellor adecuación do discurso na emisión oral
Rehabilitar as alteracións relacionadas coa deglutición, como pode ser a disfaxia
Mellorar a comunicación escrita

Servizos de logopedia

Logopedia individual

A través de sesións individuais traballamos de maneira específica as
alteracións da voz, fala e deglutición que poidan aparecer nas persoas diagnosticadas.

Logopedia grupal

Traballamos a rehabilitación dos trastornos da fala e da voz,
mediante o agrupamento de persoas nuna situación terapéutica semellante.

Escritura

A comunicación escrita é un dos aspectos que se ve máis afectado
polo párkinson, nestas sesións grupais temos como obxectivo a prevención e rehabilitación dos trastornos da escritura.

personas atendidas en 2024

11 609
Intervenciones en 2024

4 084 Intervenciones individuales
7 525 intervenciones grupales
Scroll ao inicio