En Párkinson Galicia-Coruña ofrecemos atención integral a través de distintas áreas especializadas
A nosa proposta inclúe rehabilitación física, estimulación da fala e a comunicación, apoio psicolóxico e asesoramento social. Cada persoa recibe o acompañamento que necesita, dentro dun enfoque profesional, próximo e adaptado ás súas circunstancias.
Por onde comezar?
Comeza por informarte sobre a enfermidade de Parkinson e busca os servizos que mellor se adapten ás túas circunstancias físicas, emocionais e persoais.
É importante que as terapias evolucionen contigo, adaptándose ás túas necesidades e contexto de vida, grazas a un seguimento continuado.
Os nosos servizos

Fisioterapia
A fisioterapia é un dos nosos piares para mellorar o movemento, a flexibilidade e a funcionalidade diaria. Traballamos con técnicas específicas adaptadas ó párkinson, como exercicios terapéuticos, estiramentos, relaxación, hidroterapia e tenis de mesa para favorecer a calidade de vida e preservar a autonomía.

Logopedia
A logopedia está dirixida a preservar e mellorar a comunicación e a deglutición. Realizamos intervencións personalizadas para tratar dificultades da fala, deglutición e capacidade expresiva, co obxetivo de facilitar a comunicación e reducir posibles riscos derivados de alteracións no sistema oral.
Psicoloxía y Neuropsicoloxía
Desde a nosa área psicolóxica e neuropsicolóxica acompañamos emocionalmente ás persoas afectadas e ás súas familias. Avaliamos funcións cognitivas, traballamos ferramentas de afrontamento, intervimos no benestar emocional e apoiamos ante os desafíos que xorden no día a día.

Traballo Social
Co traballo social ofrecemos orientación, acompañamento e apoio na xestión de recursos sociais, trámites administrativos e necesidades do ámbito familiar. Buscamos facilitar a inclusión, mellorar o acceso a servizos e favorecer a integración social das persoas con párkinson.

Actividades
Formación
A formación é unha parte esencial do noso traballo. Organizamos actividades formativas para persoas con párkinson, familiares e coidadores. Ademais, o noso equipo participa en programas de actualización profesional e colaboramos na formación de estudantes, contribuíndo ó coñecemento e á sensibilización sobre a enfermidade.
Día Mundial del Párkinson
Cada 11 de abril celebramos o Día Mundial do Párkinson con diversas actividades e xornadas de sensibilización. Un día para visibilizar a enfermidade, compartir experiencias e pór en valor o traballo das persoas afectadas, das súas familias e o movemento asociativo.
Difusión y sensibilización
Traballamos para dar a coñecer a enfermidade de Parkinson e visibilizar a realidade das persoas que a viven. Organizamos campañas, charlas e eventos que fomentan a empatía, a comprensión e o apoio social cara o noso colectivo.
Ocio y tiempo libre
Promovemos actividades de ocio e tempo libre que favorecen a socialización, a autoestima e o benestar. A través de saídas, talleres e encontros, fomentamos a participación activa e o desfrute compartido fóra do contorno terapéutico.
