Diagnóstico del párkinson
Nas primeiras fases da enfermidade, os síntomas poden ser leves e pouco específicos, o que en ocasións pode retrasar o diagnóstico.
Actualmente este diagnóstico é clínico, é dicir, realízase en base á historia clínica e á exploración física e neurolóxica do paciente.
Noutros casos pode solicitarse tamén análise de laboratorio
Análise de laboratorio
Probas de imaxe, como un escáner cerebral (TAC) ou unha resonancia magnética (RNM), o que axuda a excluír outras causas de síndrome parkinsoniano, como tumores ou lesións vasculares.
Exames neurofisiolóxicos, como o estudo de certos reflexos con electromiografías e da frecuencia e as características do tremor.
É moi importante establecer o que se coñece como “diagnóstico diferencial”, é dicir, que se determine se a persoa padece Parkinson ou, pola contra, outras doenzas que poden cursar con parkinsonismo.
Sen dúbida, o diagnóstico definitivo da enfermidade de Parkinson verase apoiado pola boa resposta do paciente á medicación antiparkinsoniana xunto coa súa evolución esperable do cadro clínico ao longo dos anos.
