Síntomas de párkinson
O Parkinson maniféstase a través dunha ampla variedade de síntomas que se agrupan en dous grandes bloques: motores e non motores.
É importante destacar que non tódalas persoas presentan os mesmos síntomas, nin evolucionan da mesma maneira.
Síntomas motores
Tremor en reposo
- Presente no 70% dos pacientes.
- Normalmente afecta a mans, brazos, pernas, beizos, lingua e queixo.
- Desaparece ó executar unha acción.
- Empeora co estrés, a fatiga ou certos medicamentos.
Bradicinesia (lentitude de movementos)
- Aparece en fases iniciais: dificultade para tarefas finas (como escribir ou abotoarse).
- Pode chegar a impedir o inicio do movemento (acinesia).
- Maniféstase tamén na marcha parkinsoniana: pasos curtos, arrastrando os pés e sen braceo.
Rixidez ou aumento do ton muscular
- Músculos tensos de maneira continua.
- Dificultade para moverse, virarse na cama, levantarse, alcanzar obxectos.
- Dores musculares frecuentes, cambra, diminución da expresividade facial.
Trastornos posturais
- Postura encorvada do tronco, cabeza e extremidades.
- Inestabilidade ó camiñar, bloqueos na marcha (sobre todo en espazos estreitos).
- Maior risco de caídas.
*A combinación de dous ou máis destes síntomas denomínase parkinsonismo. Non tódalas persoas presentan todos os síntomas, nin o fan coa mesma intensidade.
Síntomas non motores
Aínda que menos visibles, poden afectar de maneira importante á calidade de vida.
Trastornos neuropsiquiátricos
- Depresión, ansiedade, apatía.
- Diminución da libido.
- Trastornos do pensamento, lentitude cognitiva, alteración da concentración ou memoria.
- Nas fases avanzadas: deterioro cognitivo ou demencia.
- TTrastornos do control de impulsos: compras compulsivas, ludopatía, hipersexualidade, etc.
Trastornos do sono
- Insomnio, soños vívidos, despertares frecuentes.
- Trastornos de conduta no sono REM.
- Pernas inquedas ou movementos periódicos durante o sono.
Síntomas sensoriais
- Dor crónica.
- Perda ou alteración do olfato (hiposmia).
- Alteracións visuais (visión borrosa, diplopía, etc.).
Fatiga
- Unha sensación persistente de fatiga que non mellora co descanso.
Disfunción autonómica
- Problemas urinarios: urxencia, frecuencia, nicturia.
- Disfunción sexual.
- Hiperhidrosis (sudoración excesiva).
- Hipotensión ortostática (baixada de tensión ó levantarse).
Problemas gastrointestinais
- Eczema seborreico na cara ou no coiro cabeludo
- Dificultades para tragar (disfaxia).
- Sialorrea (exceso de saliva).
- Estrinximento.
*O párkinson e os parkinsonismos afectan de maneira única a cada persoa. Por iso falamos dunha notable variabilidade de síntomas, patróns de evolución e posibles impactos para a saúde que deben abordarse de maneira individualizada.
